![]() |
Museo da Terra de Melide | ||||||
![]() |
|||||||
O Museo nace no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudo, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide. Instálase no baixo do Concello, na Biblioteca Municipal, cunha mostra de arqueoloxía castrexa e facendo cada verán exposicións de etnografía. Despois de catro anos, os fondos aumentaban e reclamaban máis espazo, polo que en 1982 se traslada a unha casa na que se instalan dúas salas. No ano 1999, o Museo esixía unha total renovación e ampliación, pois o pequeno local era insuficiente. Foi así como en reunión de socios se aprobou a adquisición do antigo hospital de peregrinos, edificando nel o novo Museo e rehabilitando a súa fachada e a súa memoria histórica. A operación de subscrición popular tivo un grande éxito, implicándose socios, veciños, institucións e moitos particulares. O 26 de maio de 2001 inaugúrase o novo Museo. A xente de Melide considérao como unha institución de todos onde se garda a nosa memoria histórica e cultural. Ese é o grande éxito deste Museo construído polo pobo e para o pobo. Sala 1: Fotografías dos monumentos do Camiño de Santiago. Maqueta onde se localizan os monumentos da Terra de Melide. Capiteis medievais e sartegos funerarios. Pintura mural. Historia do Hospital de Peregrinos de Sancti Spiritus. Sala de usos múltiples Sala 2: Neolítico. Idade do Bronce Sala 3: Achados do Castro da Graña, Toques e da vila romana do Piñor. Tesouriño de moedas de Sobrado. Colección de moedas e reloxos Sala 4: Oficios tradicionais: a forxa do ferreiro, o carpinteiro, o zapateiro, o zoqueiro Sala 5: Apeiros do agro e do telleiro. A escola antiga e o xoguete. Barbeiro. A música na Terra de Melide Sala 6: O tecido: o liño e a la Sala 7: A casa Sala 8: Biblioteca e arquivo. Publicacións. Obradoiro de restauración |
|||||||
![]() |
|||||||
|
|||||||
|
|||||||
«Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada
pola Xunta de Galicia Presidencia- Secretaría Xeral de Comunicación -Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual». |
|||||||
| Webmaster - Xaniño.net | |||||||